Detección de sustancias
O sentido do olfato é o máis desenvolvido nos cans, sendo ata 10.000 veces máis sensible que o seu sentido do gusto e moito máis agudo que a súa visión. Cando se atopan cun olor interesante para eles, toda a súa atención está posta en obter a máxima información posible.
Os cans teñen entre 200 e 300 millóns de receptores olfativos, fronte aos cinco millóns que temos os humanos. As persoas inhalan unha vez por segundo e medio mentres que os caninos de cinco a dez veces por segundo. O nariz do can ten dous conductos: un para respirar e outro para cheirar; cando un can olfatea, o aire entra dentro da cavidade nasal onde están os receptores olfativos. A superficie olfativa do can pode medir 130 centímetros cadrados ou máis, mentras que no caso dos humanos esta superficie é de só 5 cms cadrados!!!
Olfato incrible
Por estas razóns, o can pode distinguir os compoñentes dun aroma complexo. Por exemplo, nós podemos recoñecer o cheiro dunha sopa, pero, segundo os expertos, un can pode detectar cada un dos ingredientes cos que se preparou esa sopa. É necesario adestrar aos cans para que poidan axudarnos a atopar un olor (así funcionan os cans de busca de persoas, de busca de drogas ou de enfermidades entre outros), e son as súas características as que fan posible esa aprendizaxe.
¿Por que practicar iso?
A detección deportiva é, como o seu nome indica, un deporte canino de olfato apto para todos os cans. Consiste en buscar, atopar e marcar o foco exacto da substancia a localizar.
As substancias a localizar son esencias aromáticas totalmente ecolóxicas e inofensivas. Realizar actividades de olfato é natural para os nosos cans, ademais o olfato está directamente relacionado coa xestión emocional.
Practicar este deporte é, para o can, unha das mellores formas de relaxarse é ao mesmo tempo de estimular a súa mente. É un xeito de xogar e de crear e fortalecer a nosa relación.
O papel do/da guía é fundamental. Se non hai unha motivación, non hai unha activación. Principiaremos por asociar as substancias dunha forma divertida, xogando a atopatar.
para Todas as idades e razas
Non hai idade para iniciarse na detección, nin idade para deixar de dacelo; a idade non é un impedimento e a raza tampouco.
Traballaremos con diferentes tipos de reforzadores dependendo do que queiramos conquerir en cada reto. Débese traballar un tipo de marcaxe estática para que o can nos indique que atopou a substancia e así nós poidamos confirmalo (en competición faise levantando un brazo ata que o/a xuíz nos dea unha orde na que poderemos liberar ao can da focalización).
O teu can desenvolverá as súas capacidades cognitivas, potenciará o seu olfato, mellorará a súa concentración e o seu autocontrol mentras fortalecedes o voso vínculo dun xeito divertido.
Mellora as capacidades de aprendizaxe, adestra o seu cerebro para resolver diferentes situacións.
Aumenta o autocontrol, a xestión do estrés e a frustración.
Mellora a relación
Vantaxes físicas: segundo demostran varios estudos, 15 minutos de busca equivalen a unha hora de marcha continua.
Un can con traballo é un can ledo e se este traballo é a favor dos seus instintos obteremos saciar as súas necesidades como especie e que eles se sintan realizados.