Agility
Que é?
É un deporte que consiste en conquerir que o can realice un circuíto composto por diferentes obstáculos sin erros e no menor tempo posible. Calquera equipo formado por can e guía pode practicalo e disfrutalo, se ben , como en cualquera deporte, as habilidades e capacidades do can e do/da guía determinarán o seu nivel de desempeño. Combina a obediencia, o control, a intelixencia e a axilidade do can.
Por que practicalo?
Practicar unha modalidade deportiva ou de traballo co noso can é un xeito excelente de consolidar unha relación mutuamente satisfactoria, de aproveitar e desenvolver o seu potencial físico e psicolóxico e de coñecernos mellor.
Lugar Calvario, 5D, 15540, San Mateo, Narón, A Coruña
O Agility
Obríganos a traballar a socialización do can. Se ben a socialización é un requisito previo para un axeitado desempeño en agility, as súas eventuais carencias e problemas asociados ( desconfianza e medo) non deberían facernos desistir, posto que a propia práctica dunha disciplina de traballo ,un entorno agradable pode ser en si mesma unha magnifica terapia, independentemente das nosas posibilidades para optar á competición.
Agility tamén...
- Debe ser , se o facemos ben ,unha opción moi lúdica e divertida.
- Supón un alto grao de control sobre os nosos cans, na medida na que debemos aspirar a un manexo exento de cualquera tipo de control físico en entornos concurridos, en presenza de máis cans e persoas.
- Baséase principalmente na comunicación xestual, que é a forma máis natural e eficaz de comunicarnos cos nosos cans.
...
- Se ben o control é necesario, exténdese máis aló da simple obediencia, entendida como a execución de accións específicas ante comandos concretos.
- É moi divertido, polo que resulta máis atractivo que a simple
- Supón unha determinada capacidade física, que nos nosos cans vén de serie.
- NON supón a simple execución de ordes, é un verdadeiro deporte para can e guía, polo tanto, un ámbito no que nós mesmos debemos traballar e potenciar a nosa axilidade, rapidez e principalmente coordinación.