Educación
O condutismo como paradigma fundamental non é óbice para situar no centro do noso traballo a construción da relación entre o dono e o can, que é ao mesmo tempo pilar e obxectivo último da educación.
Noutras verbas, non se trata só de ensinar ou inhibir comportamentos, senón de construír unha relación axeitada entre o binomio can-guía. E neste senso, o fomento da motivación do can cara ao/a guía é fundamental (e viceversa). Por iso, non contemplamos outro tipo de educación que non sexa aquela na que o dono ou a dona está sempre presente, ostentando o papel máis activo e convertíndose en referencia principal para as accións do seu can.
Reforzo positivo
Outra posible clasificación (pouco rigurosa a nivel académico pero moi popular) entre as diferentes escolas fai referencia ao emprego do premio ou da presión. En educación e adestramento deportivo sempre optamos polo reforzo positivo, por criterios técnicos pero sobre todo éticos. Na resolución de problemas de conduta esta clasificación perde parte do seu senso, pero en calquera caso, endexamais perseguimos a imposición pola forza dun dono/dona sobre o seu can (entre outras cousas porque non é seguro).
Quizais sexa mellor que te achegues sen compromiso e comprobes “in situ” como traballamos.
Por qué educar?
- Porque poderás vivir máis experiencias co teu can.
- Porque a túa vida como propietario será máis cómoda e menos conflitiva.
- Porque o tratamento máis eficaz contra os problemas de conduta é a prevención mediante a educación e a socialización.
- Porque vos coñeceredes mellor.
- Porque aprenderás a comprendelo (casi sempre).
- Porque a culpa non é súa…
Servizos
- O adestramento e a educación a domicilio, entendendo este último como o entorno habitual do can.
- O adestramento e a educación nas nosas instalacións.
- Clases conxuntas de educación e socialización especialmente pensadas para traballar a normalización nas relacións inter e intraespecíficas. Recomendadas para cachorros.
- Corrección de condutas non desexadas. Aínda que dependerá de cada caso, normalmente traballarase no domicilio e/ou entorno do can.
- Seminarios específicos nas nosas instalacións.
- Outras actividades nas que fomentar a socialización e realizar actividades lúdicas na natureza para disfrutar e facer disfrutar ao teu can.