Skip to content

Que é o agility?

Un deporte de equipo, no que un binomio (guía /can) deber facer unha pista de obstáculos na orde e sentido establecido, sen fallos e no menor tempo posible.

Que obstáculos?

Valos, túneles, aro, slalom, empalizada, pasarela, balancín e lonxitude. Todos eles han de cumprir as normas de seguridade para os cans .

Como se regula ?

Polo regulamento de agility e ,aínda que todos teñen practicamente as mesmas bases ,cada entidade ten o seu propio regulamento. En España hai dúas entidades maioritarias :

A Federación Española de Caza ten o seu regulamento ( é a federación deportiva que inclúe o Agility)  . En Galicia temos a Federación Galega de Caza que é quen ten a regulación do agility e o paragility galego como entidade deportiva.

– A Real Sociedade Canina Española ten o seu propio regulamento.

O benestar animal e o bo trato no equipo son os piares fundamentais deste deporte ; do mesmo xeito que en calquera deporte canino, está prohibido calquera tipo de elemento que atente contra o benestar do can, incluídos os malos xestos ou as malas palabras do guía. Se un/unha xuíz/xuiza ve calquera cousa ou actitude que atente contra a integridade ou a saúde ( física ou mental) do can pode sancionar ao guía.

En ambos os casos para participar en competición é obrigatorio dispoñer dunha licenza e que o can pase o test de sociabilidade.

Que é o test de sociabilidade?

É un test que han de pasar todos os cans que fan agility ( tanto na Federación de Caza que é a federación deportiva que asume o agility, como na Real Sociedade Canina onde ten a categoría de evento) e que ten por obxecto comprobar e examinar o nivel de comportamento social e o nivel de educación básica acadados polo can . Este test consta de diferentes probas como son :

  • Tombado en grupo con distracción
  • Posición basede de inicio
  • Camiñar preto do / de guía
  • Cambios de dirección e de ritmo sobre marcha
  • Realización durante o paseo dunha parada entre un grupo de persoas
  • Permanencia libre e estática
  • Valoración en liberdade (chamada co can solto e a distancia)
  • Descenso e subida do can a un vehículo de forma controlada
  • Presentación ante o/a xuíz/xuíza coa  buceira posta e control identificativo e do microchip
  • Paseo urbano con correa
  • Atopo con corredores e/o ciclistas e  saúdo cun grupo de persoas
  • Indiferenza nun  cruzamento con outro can
  • Permanecer tombado mientres o/a guía está sentada/o
  • Subida e baixada de escaleiras
  • Cepillado e limpeza por parte do / da  guía ao seu can
  • Inspección e recoñecemento físico por parte  dunha persoa estraña

Nas competicións de agility o can vai sen correa e sen colar, móvense no medio de centos de cans e persoas de todo tipo e condición.

Que cans poden facer agility?

Calquera can cuxas capacidades  físicas  e mentais permítallo.

Con que idade pode empezar un can para practicar agility?

A partir dos tres meses podemos, a través do xogo,  empezar coa educación básica e os movementos de agility.  Ata os 18 meses non pode competir.

Hai un nivel básico de iniciación no que si se poden ir iniciando os cans que empezan, para afacerse ás diferentes contornas, aos diferentes ambientes e , en xeral, ás condicións dunha pista de competición.

Podo practicar agility nos parques públicos nos que hai obstáculos?

Non é recomendable, pois estes obstáculos non son regulamentarios, adoitan ser fixos e de materiais duros o que pon en serio risco a integridade do can.