Skip to content

Detección canina aplicada á conservación, á xestión ambiental e á investigación científica.

WorkingNose – Perros Ecodetectores aplica as capacidades olfactivas dos cans á detección ambiental, desenvolvendo solucións adaptadas a cada proxecto para a localización de especies, restos biolóxicos ou outros elementos de interese no medio natural.

Non se trata só de localizar. Trátase de obter información útil, documentada e integrada nos obxectivos de cada proxecto.

Aplicacións dos cans ecodetectores

  • Seguimento de fauna e biodiversidade: localización de individuos, restos, excrementos, niños, rastros ou outros indicios biolóxicos para programas de seguimento e conservación.
  • Detección e control de especies invasoras: localización temperá de especies ou indicios da súa presenza, especialmente en situacións de baixa densidade ou en áreas de difícil prospección.
  • Prevención e detección  de riscos ambientais: busca de velenos, substancias ou outros elementos que poidan representar un risco para a fauna, os ecosistemas ou o medio natural.
  • Investigación e estudo de especies: apoio a proxectos científicos mediante  a localización de individuos, mostras ou indicios biolóxicos que faciliten o estudo da presenza, distribución ou comportamento das especies.

Beneficios dos cans ecodetectores

Eficiencia e precisión

Prospección de amplas áreas en menos tempo e localización de indicios difíciles de detectar mediante outros métodos, aumentando a capacidade e fiabilidade da busca.

Calidade e fiabilidade dos datos

A súa elevada capacidade de detección contribúe á obtención de información máis completa e fiable, especialmente cando a presenza do obxectivo é escasa ou difícil de identificar.

Redución do impacto ambiental

Un método silencioso e non invasivo, adaptable a diferentes hábitats, especies e condicións de traballo, que permite minimizar a alteración do medio e as molestias sobre a fauna.

Apoio á prevención e toma de decisións

A detección temperá e a localización de evidencias en campo permiten anticipar posibles impactos e achegar información útil para orientar medidas de prevención, seguemento e xestión ambiental.

Como traballamos

Cada proxecto require un traballo específico. Seleccionamos e adestramos os cans en función do cheiro obxectivo e das características do medio, priorizando a eficacia do binomio can-guía, o benestar animal e unha metodoloxía de traballo adaptada ás necesidades de cada proxecto.

Definición do obxectivo

Identificamos o cheiro obxectivo, as características do medio e as necesidades específicas do proxecto.

Selección e adestramento

Seleccionamos e adestramos o can máis axeitado para o cheiro obxectivo e as condicións específicas do traballo.

Traballo en campo

O binomio can-guía realiza o traballo de detección no terreo, adaptándose ás características e necesidades de cada proxecto.

Solucións de ecodetección

Servizos de ecodetección con equipo propio

Realizamos traballos de detección cos nosos propios equipos can/guía, adaptando o adestramento e a metodoloxía ás necesidades específicas de cada proxecto.

Desenvolvemento de equipos de ecodetección para terceiros 

Seleccionamos e adestramos cans para proxectos de ecodetección doutras entidades, adaptando a preparación ao cheiro obxectivo e ás condicións específicas do traballo. O proceso pode incluír o acoplamento can-guía e a formación do guía para o traballo co equipo.

Metodoloxía orientada a resultados

Redución da incerteza

A detección canina achega evidencias adicionais en campo que permiten aumentar a información dispoñible e reducir a incerteza na avaliación e toma de decisións.

Eficiencia operativa

Deseñamos cada intervención para optimizar tempos, recursos e cobertura, adaptando o despregamento dos equipos ás condicións e aos obxectivos específicos de cada proxecto.

Trazabilidade e transparencia

Podemos rexistrar mediante GPS os percorridos realizados en cada xornada, documentando as áreas prospectadas e achegando trazabilidade, transparencia e capacidade de verificación ao traballo desenvolvido.

Rigor técnico e científico

Traballamos con protocolos definidos, rexistro da actividade e criterios de avaliación que permiten documentar o traballo e integrar os resultados da detección canina en proxectos técnicos e de investigación.

Equipo WorkingNose

WorkingNose conta cun equipo formado por un guía profesional e varios cans con diferentes características de traballo. Isto permítenos seleccionar o binomio máis axeitado e adaptar o despregamento ás condicións e necesidades de cada proxecto.

Javier Sánchez Amado

Responsable técnico e guía

Especialista no adestramento e despregamento de cans ecodetectores aplicados á conservación, á xestión ambiental e á investigación científica.

Conta coas cualificacións profesionais de Adestramento de base e educación canina e Instrución canina en operacións de busca e detección de substancias olorosas.

Responsable dun núcleo zoolóxico de adestramento autorizado e inscrito no REGANUZ co nº 15/054/0015/EA.

Os nosos cans

Cada can é diferente. Traballamos coas aptitudes de cada individuo para contar con perfís de busca diversos e seleccionar o equipo máis axeitado para cada proxecto.

SOCIO

Working Cocker Spaniel

Axilidade, equilibrio e concentración. 

Extremadamente áxil e habituado a traballar en contornas con múltiples distraccións, mantendo o foco na tarefa e cunha forte conexión co seu guía.

MAREA

Working Cocker Spaniel

Constancia, método e concentración.

Unha traballadora incansable, equilibrada e metódica, cunha gran capacidade para manter a concentración e a intensidade durante a busca.

 

SILVA

Labrador Retriever

Persistencia, método e equilibrio.

Cun ritmo de traballo diferente ao de Socio e Marea, achega un perfil de busca máis pausado e persistente, que amplía e complementa as capacidades do equipo.

FADA

Border Collie

Versatilidade, adaptación e predisposición.

Cunha gran disposición para o traballo e habituada a desenvolverse en contornas moi diferentes, adapta o seu traballo con naturalidade ás condicións de cada escenario.

Diferentes perfís, unha mesma base: equilibrio, motivación polo traballo e unha relación sólida co seu guía.

Benestar e traballo van da man

O benestar dos cans forma parte da nosa metodoloxía de traballo. Adestramos e traballamos desde a motivación, o vínculo e o respecto ás súas necesidades, favorecendo que a busca e a exploración no medio natural sexan unha actividade positiva para o can.