Skip to content

Queridos e Queridas Human@s e Cans

Imos de vacacións!! (bueno en realidade semivacaciones, porque temos formación presencial , parece que imos ter nova irmá (onde caben catro din que caben cinco) e aproveitaremos para dedicarlle un tempiño , teremos visitas de amig@s e faremos algunha viaxe

(de aí o de Santillana…a xente moza que lle pregunte a San Google polas Vacacións Santillana)

 Encántame ir de viaxe !

Algunhas cousiñas antes de marchar:

-Lembrade protexernos da calor : auga fresca, sombra , sombra e máis sombra… Nosas almohadillas sofren se o chan está moi quente , así que ¡ollo aos paseos!!

-Non vos esquezades que aínda que esteamos de vacacións precisamos xogar, pensar e divertirnos ( non precisamos dos cuadernos Santillana, só tirar das recomendacións e do aprendido)

Propósitos para o novo curso

– Nos vosos propósitos para o novo curso estaría xenial que nos reservásedes un par de horiñas á semana para facer connosco algunha actividade .

Se é en Lobos de Naraío mellor que mellor porque no inverno non vos mollaredes ( se non queredes mollarvos).

Nas nosas redes sociais contarémosvos o que imos facendo durante este mes e , aínda que xa fixen algún espóiler haberá sorpresas!!!

Sei que os que nos leedes sodes perriadictos, así que só falo do bo das vacacións. A mala xente que nos regalou en nadal e agora estorbámoslle está fóra deste Blog  .

Lembrade sempre

Sede Felices