Ven a conto hoxe porque isto pasou no paseo pola praia: estabamos divertíndonos, e o Xefe chamounos porque viñan un par de guías co seu can. Nos atendimos á chamada, sentamos i esperamos.
Os cadeliños bos
Perdoade que sorría peroooo…. A cuadrilla dos cadeliños bos compoñémola a que subscribe ( lémbrovos que o meu sobrenome de pequena era bebé crocodilo) e os meus irmáns pequenos : dous working cockers que de cordos teñen máis ben pouco . Ás veces únesenos a irmá que me segue, unha labradora moi simpática pero que cando vai de paseo connosco parece que se tomou un par de Red Bull.
Ou sexa que a que máis sentidiño ten de toda a cuadrilla son eu.
Os nosos paseos
Flípanos pasear pola praia ou polo monte : podemos correr, discutir, bañarnos ,seguir correndo e volta á discusión.
Iso si : cando o Xefe chama alá imos raudos e veloces e se di” xunto” nin nos separamos…somos como pegamento.
Pero as miñas queridas e queridos , non vos enganedes, isto non é ser bos…. Isto é estar ben ensinados e iso os nosos guías conseguírono con traballo , con tempo e con dedicación.
Cando nos chaman sabemos que algo bo nos espera ( posiblemente unha chuche suculenta e moitas felicitacións) e o mellor é que despois poderemos seguir correndo e discutindo.
Non lembro se xa vos dixen a de problemas cerebrais que tedes a humanidade co de darnos chuches ( ás veces chamádelo suborno e a moitos e moitas non vos gusta nada de nada), pero déixoo para outra ocasión que se non líome …
Bos vs obedientes
Como vos dicía: somos majetes e certamente somos boa xente, non imos por aí buscando lea ,pero a cuestión é esa confusión que ten o persoal con esas dúas palabras que utilizan para referirse ao noso comportamiento (bos vs obedientes).
Nós podemos saír a pasear por correa ( sen ningún problema e tan felices) ou sen ela ( por onde se pode) e iso que chamamos educación canina pódenos evitar, do mesmo xeito que a educación humana, moitas leas.
As miñas leas
Eu , ao longo da miña vida, metinme nunhas cantas …e non porque me apetecese senón porque “ me buscaban”. Iso de: “o meu can é moi bo, só quere xogar” ,utilizado pola humanidade como escusa para para que os meus conxéneres vaian ao seu libre albedrío, é parte desa fonte inesgotable de conflitos.
Porque a min non me apetecía xogar con eles , entón??
A miña recomendación baséase sempre no lema desta casa “A culpa non é do can”: ensinade aos meus conxéneres a non invadir o espazo do outro.
Eu igual remato por copiar á miña guía e nalgún momento irei cun teléfono pegado á orella como escusa para mandar a tomar vento á mala educación.
Traballo, tempo e dedicación: a fórmula máxica para a convivencia humanacanina.
E lembrade sempre
Sede Felices