Marcándonos obxectivos
Cando chega setembro, os e as humanas e humanos sempre nos marcamos obxectivos ( en setembro e en xaneiro ), seguramente influídos pola nosa memoria escolar. Cando nos facemos adultos e eses obxectivos son voluntarios poden (non vou dicir adoitan ) “facer auga” porque supoñen un esforzo a maiores da nosa leada vida cotiá.
Os obxectivos do noso can?
Nas nosas familias hai un membro ao que lle dá igual que sexa setembro, xaneiro ou xuño. O seu obxectivo é permanente todo o ano e toda a súa vida: ser feliz acompañándonos e, por iso, adoita ser o último elo nos nosos obxectivos persoais. Sácoo a pasear, come ben e non dá moito a lata ….que máis vai necesitar?
O que non se usa estrágase….
Sabedes que o que non se utiliza estrágase e isto inclúe o corpo e a mente : o noso e o dos nosos cans. Vou centrarme nestes últimos que me resultan máis fáciles de entender : o can precisa actividade física e mental. Se esa actividade a comparte connosco estaremos, ao mesmo tempo , fortalecendo o noso vínculo . Isto fará aumentar moito as probabilidades de que nos faga caso, de que se centre en nós e podamos así mellorar a convivencia .
Gozar dun intre coas nosas mascotas facendo cousas diferentes é das mellores cousas que podemos facer pois :
- Á parte humana sérvelle para desconectar un anaco, pois debe estar concentrada noutro ser e nunha actividade que non é a habitual.
- Á parte canina sérvelle para concentrarse, centrarse e pensar en algo diferente do habitual xogando ademais co seu guía.
- A ambas as partes sérvelles para coñecerse, para aceptarse e para aprender a manexar a frustración de que a vida ( e os nosos compañeiros caninos) non é sempre como queremos que sexa…Hai que traballar para conseguilo e non sempre se consegue.
Cómo?
Un anaquiño de tempo cada semana , nun lugar para cans, baixo a guía dun profesional cualificado e en compañía doutros equipos é unha forma xenial de desconectar para humanos e cans.
En Lobos de Naraío telo todo!! E lembrade sempre e sobre todo
Ser Felices
A culpa non é do can