As e os humanos e humanas falamos moito de liberdade, de dereitos e de benestar, tanto nosos como dos nosos cans. E cando saímos xuntos á rúa é unha conversa bastante habitual… Ìa dicir que nos gusta moito ir de paseo cos nosos cans pero, pensándoo ben, non teño demasiado claro ata que punto é unha “obriga” ( sacalos a facer pis ) e ata que punto gozamos neses paseos.
Vexo moitos e moitas guías/humanos que van coa correa nunha man e o móbil na outra ( e os ollos no móbil), tamén vexo a algunhas persoas algo inquietas e mesmo incómodas nese paseo , algunhas outras que van elas por unha banda e o can por outro diferente , aínda que afortunadamente a maioría van felices en equipo.
Correa sí, correa non…
Queridos e Queridas: os cans no paseo pola cidade/poboo/urbanización TEÑEN que ir pola correa . Xa sei que nos encanta velos correr e que gozamos da súa liberdade, pero esa liberdade remata onde comeza o dereito dos outros /as outras persoas e cans. E en demasiadas ocasións os e as humanas non respectamos eses dereitos e invadimos innecesariamente o espazo dos nosos congéneres e/o as súas mascotas.
“O meu can é moi bo”
O “o meu can é moi bo” ou “non fai nada” ou “só quere saudar” non é unha fórmula acertada nin serve para validar o noso comportamento (humano) irrespetuoso, e xa non penso nas normas, senón na convivencia.
Se o teu can vai pola correa e o meu achégase porque vai libre e invádelle o seu espazo, é moi posible que haxa un conflito (innecesario) e é moi posible que o que salga perdendo é o can que vai pola correa.
Se o teu can é un rottwailer ou un pastor alemán ou un mastín e o meu é un jackrusel , un yorkshire ou un bichón maltés : a que podedes imaxinar a discusión? . Pero incluso sendo do mesmo tamaño o carácter, a habilidade social ou as necesidades dos cans son moi diferentes.
O meu paseo
Eu aviso sempre: se a Fada un can ou un humano invádelle o seu espazo hai un 90% de posibilidades de que leve un sustiño. Non lle gusta que lle toquen, non lle gusta que se lle acheguen demasiado e non lle gustan os saúdos invasores. É unha mala cadela?, está mal educada? Non. Ela vai por correa cando ten que ir e vai solta cando pode ir. E se o seu guía a chama vén á orde da chamada e se lle di que non se separe , non se separa; pero nada diso serve se o outro guía non pode facer o mesmo co seu can.
Educación canina
Aprender a camiñar coa correa (human e can) é algo importante porque de non saber facelo é de donde pode vir parte desa incomodidade . Tamén aprender a levar os nosos cans ceibos e que veñan á chamada, que saiban ir en xunto e que obedezan a orde de quieto podenos salvar de moitas situacións incómodas cando non perigosas .
Se buscades respostas ou videotutoriais en calquera rede tede en conta que cada can , igual que cada persoa, é diferente . Ainda que os principios básicos poden ser os mismos na maioría das ocasións, non son para o 100% e as redes poden non ser unha boa idea para educar ao teu can … E se buscades un/unha profesional que vos ensine, aseguradevos de que é profesional.
Leas innecesarias
Vinme en moitas leas innecesarias deste tipo :
- Vou en cadeira de rodas cun can e a xente crese que o pode tocar, que os cans se poden achegar sen permiso a saudar, a xogar , soltos ou por correa , non importa porque se vai comigo será bo. E cando digo “fai o favor de chamar ao teu can” chámanme borde..
- A filla dunha amiga tenlle pavor aos cans, non importa o tamaño nin a raza nin que sexan bos ou malos… son cans e ela tenlles moito medo; atópase cans soltos todos os días cuxos/cuxas donas/donos veñen a 10 metros de distancia tan tranquilos/as, alleos ao mundo que non é o seu . “Non fai nada”, pero chega con que se achegue para que esa nena sufra innecesariamente.
- Unha persoas paseando pola praia : pasan un par de cans correndo e tíranlle . Os seus guías están a charlar tranquilamente a uns 30 metros de distancia dos cans.
Non sigo. Pero podería poñer miles de exemplos deste tipo.
En resumen
Temos catro cans, gozamos ao grande da vida con eles (non entendemos a vida sen eles), queremos que sexan os cans máis felices do mundo . Tamén nos gustan as persoas, queremos vivir nunha sociedade respectuosa onde todas e todos teñamos cabida.
Gozade dos vosos cans, divertídevos, consentídeos, facede canicross con eles polo monte ou pola praia (cando se poida), facede sendeirismo, bañarvos con eles no río, no mar ou na piscina, facede a croqueta xuntos ,xogade, xogade, xogade … todo é pouco para os nosos compañeiros de vida.
Pero, por favor, sede conscientes de que vivimos en sociedade e de que se cada un e cada unha de nós achegamos o noso graíño de area o mundo será un lugar mellor. Reivindiquemos o respecto .
E sobre todo lembrade
Sede Felices