Skip to content

O día que un can quixo bicarme ( by Fada)

Unha intenta sempre estar (e ser) Divina, non por unha cuestión de aparencia (que tamén, porque ademais de selo hai que parecelo), senón por unha cuestión de benestar perrunal.

Son unha border collie pequerrechiña pero moi resultona: coido a miña alimentación, fago exercicio de xeito regular, acicálome (o xustiño) i é verdade que a xenética me axuda ( os meus humanos algo tamén). É normal que cando esotu por aí afora, a xente humana óllame e di :“ que mona” e, claro, ese é o problema. Cren que “por ser mona” son achuchable, xoguetona e que acepto mimos de calquera persoa ou chucho ( no sentido mais cariñoso da palabra) que se me achegue.

Lea armada , sobre todo cando non estou de humor…

Un día houbo que ir á clínica veterinaria porque me atópaba mal . Alí estaba eu, emplastada contra o chan, sen gañas de historias cando entra un congénere no colo da súa persoa humana . Nada mais entrar deixouno no chan e díxolle “ayyyy… mira cantos amiguiños, dálles biquiños”

!En boa hora!!! pero imos ver…. ¿ a humanidade anda repartindo bicos a troche e moche, sen filtro, sen presentación, sen preguntar??? Pois eu os meus bicos doullos a aquén a min me parece e cando me apetece, ao igual que a miña amizade e  o meu xogo. Vou recoñecer que son Divina pero un tanto asocial ; non me importa estar no medio de 200 cans e outras tantas persoas, pero o de ser amiguiños  é xa outro cantar.

A cousa é que o pobre canciño, tan ben mandado el, levou un “adorable” gruñido, cousa que á súa humana pareceulle mal ( a miña díxome que estaba ben dicir que non ). Á semana seguinte voltamos a coincidir no mesmo lugar e a humana do meu congénere voltou a facer o mesmo , pero esta vez cunha advertencia: “mira cantos amiguiños, da biquiños, pero ” a ESA non que é mala”. Mireina con desdén porque como di a miña humanabauela “non hai maior desprezo que non dar aprecio”, ainda que que o que quería era dicirlles aos meus congéneres alí presentes: “! trabade, trabade, que para iso temos dentes e somos cans!”.

Ensinanza para a humanidade: deixade que os cans lean as sinais dos seus congéneres e vos lede as dos vosos con agarimo, con cautela, con respecto… Todo irá moito mais fluído e poderemos

           !Ser Felices!!!!