A educación dunha mascota non só ten (ou pode ter) custe económico,senon que posiblemente o maior custe que ten é persoal. E este é un custe que, demasiadas veces, non se ten en conta cando se decide incorporar unha mascota á familia.
Eu vou a falar do custe da educación, non me vou meter nos outros costos económicos como son a manutención, os gastos veterinarios, gastos de aloxamento etc etc etc…
O que obtemos a cambio de vivir con el@s coido que non ten prezo
Comenzamos
COMPROMISO
Educar ao teu can supón un compromiso, compromiso que (teóricamente) adquires ao ter un can.
TRABALLO
Educar ao teu can supón un traballo, un traballo contigo xa que ti has de ser o seu guía e o seu referente (se ese guía é o educador canino xa podes supoñer a quen lle fará caso o teu can). Educar ao teu can , aínda que é un traballo para toda a súa vida, podes aprendelo ( para as cousas básicas) nun tempo limitado.
SACRIFICIO
Educar ao teu can supón que ti , parte humana do equipo, has de estar disposto a facer algúns sacrificios co teu tempo e coa túa vida.
CONSTANCIA
Educar ao teu can é CONSTANCIA. A clase vas aprender e logo traballas en casa todos os días un pouquiño.
Educar ao teu can non é estar dúas horas machucándoo para que “estude e aprenda”. O tempo de atención das nosas mascotas é moi limitado.
Valen máis 10 minutos ben aproveitados cada día que unha hora á semana e nunca máis…
CUSTO ECONÓMICO
Educar ao teu can da man dun profesional ten un custo económico, como calquera actividade profesional que realizas na túa vida diaria (asesoría, perruquería, ximnasio, fisio,…non sigo).
FIABILIDADE NO SERVIZO
Debes comprobar sempre as condicións do servizo. Curriculum e instalacións, seguros, factura…. Todo iso é un indicador da fiabilidade do servizo.
A falta de profesionalización e o descontrol que hai na profesión levan a unha confusión importante por parte dos consumidores , xa que parece que (case) calquera poida educar/adestrar/adestrar un can . E ademais que pode facerse en calquera lugar (cousa que non é así, pois a lexislación obriga a ter unhas condicións determinadas para o desenvolvemento destas actividades). Os profesionais deben ter acreditada a súa formación.
Doutra banda temos as redes sociais cheas de falsos Gurús que están a facer moito dano con consellos “fáciles”; se prestades un pouco de atención veredes a diferenza cos profesionais , que tamén están pero que non prometen o que non poden cumprir sen coñecer/ver/estudar ao can. Primeiro paso imprescindible para poder traballar.
Doutra banda están as persoas que cren que os educadores/educadoras caninos teñen unha varita máxica que vai facer que o can se reconvirta nun ser de luz ao axitala… Se queredes varita máxica idevos á intelixencia artificial e compradevos un robot, teredes moito máis éxito.
E por último : centro canino vs parque canino
O noso centro de educación e actividades caninas é iso : un CENTRO de Educación e Actividades caninas. NON é un parque de cans.
É un lugar donde poder aprender, convivir e con espacio para poder traballar con comodidade. E sí, con espacio de esparcimento para as nosas mascotas, pero de xeito controlado e respetando sempre ós demáis equipos/binomios, e o espazo.
Aquí non hai “sheriffs” do parque (tedes un post anterior sobre este personaxe), hai profesionalidade. E queridas e queridos iso custa cartiños…
Lembrade ser felices
A culpa non é do can