A verdade é que me resulta divertido ver como a Humanidade se complica a vida pensando en como chamarSE cando a nós. en realidade , dános exactamente igual .
É algo que pode resultarme, ademais de divertido, entrañable e cariñoso, mentres non confundan a linguaxe coa realidade.
E cal é a realidade? pois que
-Un can NON é un neno,
-Un can NON sente como un neno,
-Un can NON ten as necesidades dun neno e
-Un can NON entende o que un neno
Que os/as humanas/humanos crean ou consideren que tamén somos humanos, tráenos moitos máis inconvenientes que beneficios, porque non pensan en nós senón en eles/elas.
Claro que sentimos! agora ata unha lei ven de recoñecelo. Afortunadamente, para os que sempre nos amaron, non era necesario que unha lei o afirmáse ou o confirmase ; sempre souberon que somos a súa familia elixida e que teñen a obriga de velar polo noso benestar, de manternos, de educarnos e de que vivamos nunha sociedade respectuosa e amigable .
Uffff… acábome de darme conta que igual isto últimos é pedir demasiado…..
A min dáme igual, para que nos imos enganar, que a miña humana e o meu humano “se dígan” guía, humana, titora, referente, papi, mamiruchi, saco de mimos , saco de patacas ou como queira que se lles ocorra ,é o que ten ter unha linguaxe moi rica e con moitas posibilidades descritivas.
Falando dunha linguaxe rica : que vos vou a contar desas conversas que manteñen comigo, onde eu estou aí a pé quieto coma se os entendese. Pensade ademais que son multilingüe , porque me dá igual que me falen en castelán, en galego, in english ou en pekinés …Como se sintan mellor a min paréceme perfecto.
E cando me din : “!mira quen vén aí?”, xa sei quen vai a aparecer: esa persoa que, máis aló de calquera obriga, comparte comigo amor, vida, tempo, traballo, deporte , esa persoa da que me encantan os seus mimos, á que achego moitísima oxiticina e, inevitablemente, algo de cortisol..
E sabedes ? DÁME igual como SE chame mentres esteamos xuntas ,pero é importante que sempre lembre que son O seu CAN.
Sede Felices!!!!