1- AS EXPECTATIVAS
Cando un can chega á casa , toda a familia ten depositadas nel múltiples expectativas . E cada persoa integrante da familia ten as súas propias..
E xeralmente as expectativas que temos cando incorporamos un can á familia son as ideais, mistura de desexo e de esperanza….
Vexamos :
- O meu can ten que ser cariñoso á vez que independente = ten que quererme por riba de todo e ,ademais, ten que saber quedar só, sen ladrar, sen romper nada, quietiño durante (ás veces) moitas horas.
- O meu can ten que obedecerme porque son EU = por natureza ten que facerme caso e obedecerme a cambio ,como moito, do meu agarimo e do alimento.
- O meu can vai facer agility/detección en tres meses = é listísimo e esas cousas son sinxelas.
- O meu can ten que ser sociable coas persoas = non pode ladrarlle a ninguén e moito menos avisarlle ou trabarlle ; quero ir de terraceo con el e que se tumbe tranquilo mentres me tomo algo.
- O meu can ten que ser sociable con outros cans = quero pasear con el ceibo e que sexa boísimo con outros cans ; iso si que tampouco sexa parvo…
- O meu can ten que ir pola correa sen tirar dela = o paseo ten que ser tranquilo e se o teño que levar pola correa e tira, é un problema.
- Teño o can máis listo do mundo = teño un border collie.
- Teño un malinois na casa = son cans listos, non precisan adestramento.
- Teño unha leira de 2.000 metros = o meu can non necesita nada mais para ser feliz….e si considero que precisa algo mais traigolle un compi canino para que se entreteñan os dous xogando
Sóanvos estas cousas? nós vivímolas cada día. E cada día reafirmámonos que isto só o comprenden os xa convencidos…pero aquí seguimos .
Antes de ter un can as persoas deberían axustar as súas expectativas : se pretendemos que por obra e graza do espírito santo , igual isto só o entenden as persoas que van á misa, o noso can sexa Rex, Lassie ou Hachiko ( por poñer algún exemplo famoso), probablemente ( nun 95% de posibilidades) imos sufrir moito…
Un can é un animal, e por moita raza que teña, é un individuo con características “perrunales” propias ; a xenética ten o mesmo funcionamento nos animais que nos humanos.
A semana que ven continuaremos coa parte da REALIDADE (vs expectativas)… Mentres tanto lembrade sempre
Ser Felices