Esta fin de semana a miña guía e mais eu xogabámonos a liga.. Si se, cal a de fútbol eh?
!Pero de agility!!!
Levamos un ano nesta cousa que os humanos chaman competición, aínda que se vos digo a verdade á miña como lle chamen dáme exactamente o mesmo. Eu sei que vou con eles de paseo, que podo ser a intres “perro flauta” paseando por sitios que molan, que vexo unha chea de xente que me cae ben ( algún me dá chuches cando os meus guías non miran), e que vou xogar a facer agility e a divertirme.
Lembro que a primeira vez que fomos competir eu non estaba moi segura da miña guía , porque é un pouco cabeza tola e encima vai sobre rodas ; en ocasións teño que decidir eu que fago porque , aínda que a quero moito, non corre o suficiente, nin coas rodas nin coa voz..entón xa me encargo eu de decidir cal é o seguinte obstáculo.
Claro que en confianza direivos que tampouco adoito acertar e o señor ou señora xuíz adoita facer ese xestiño de cruzar os brazos por encima da cabeza que significa !! eliminadas!!
Melloramos co traballo
Agora a cousa vai mellor, tanto vai mellor que o sábado, na penúltima proba iamos primeiras cinco puntos por diante… Na primeira proba do domingo empatáronnos e na segunda e última vimos ese xesto que vos comentaba ( que é moi pouco favorecedor, pero ao xuíz non lle importa ) e !perdemos a liga por dez puntos!! ou sexa que o equipo competidor fixo unha pista perfecta .
Qué pasa si perdemos?
O meu amigo Hugo, un rapaz que está a empezar co agiliy, estaba alí ( que majete é ) e estaba preocupado .porque dicía que a miña guía non tiña un bo día ( non nos saleu demasiado ben a pista) e pensaba que a min me afectaba.
Pero deuse conta de que en ningún momento se me traslado ese mal día, que eu só recibín felicitacións e que o agility para o meu é un xogo esteamos onde esteamos.
Iso deixono moito máis tranquilo.
Hugo veu na competición de agility xogo, camaredería, aplausos, risas e tamén frustración (evidentemente) dalgúns guías. Pero sobre todo quedáronlle ganas de volver e de seguir traballando con Arán para , igual algún día, participar da festa do agility.
A vindeira semana imos para o Campenato de España, pero iso xa será outra historia.
Lembrade sempre
Ser Felices