Un can de intervencións asistidas ( en calquera das suas modalidades) é un can que foi seleccionado e adestrado para integrarse nun equipo formado por profesionais ( educador/a canina, técnico de intervencións asistidas, profesionais da saúde, da educación,..) e axudar ás persoas para mellorar o contacto interpersoal e/o social, a favorecer a súa actividade física e/o mental ou a proporcionar calquera outro beneficio físico ou social que se estableza no marco da intervención.
Non hai un certificado para un can de intervención; é o equipo que traballa co can de intervencións asistidas o que ha de ter as certificacións ( formación) que acrediten a súa formación/experiencia como equipo de intervencións asistidas.
¿Cales son as intervencións asistidas con animais? (IAA)
Os animais como ferramenta incorpóranse ao equipo humano-animal en diferentes modalidades nas cales a participación dos animais axuda na promoción da saúde psicofísica e a mellorar a calidade de vida das persoas en xeral. Temos varias categorías que podemos definir da seguinte maneira
A) Actividades Asistidas con animais (AAA)
B) Eduacación Asistida con animais (EAA)
C) Terapia Asistida con animais (TAA)
Iremos falando de cada unha destas categorías en vindeiros post!!
Quen forma o equipo de IAA?
Debemos pensar en que o can de intervencións asistidas necesita unhas habilidades e un comportamento moi especial, debe estar moi ben adestrado, por iso é polo que un/unha educador/a canino sexa imprescindible neste equipo. Ademais é necesario que un/unha profesional especialista describa e elabore un programa de actuación en función das capacidades ou habilidades que se queiran traballar coas persoas ás que vai dirixida a intervención ; en función diso o equipo pode estar formado por docentes ou profesionais da educación (EAA), profesionais da saúde (psicólogos, fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, médicos… TAA ) e/ou un/unha técnico de intervencións asistidas que pode ben apoiar aos profesionais na elaboración dos programas específicos, e/ou tamén deseñar e executar proxectos de intervencións asistidas en función da súa formación profesional, ademáis de guiar ao can, compañeiro nestas actividades . .
Como ha de ser un can de IAA?
Deben ser cans moi tranquilos,equilibrados ,aos que lles gusten as persoas, nos que podamos confiar e sans e fortes, ademais de ben adestrados. É un compañeiro do terapeuta e goza facendo os trucos para :
- Ensinar empatia e habilidades interpersoais apropiadas.
- Axudar ás persoas para desenvolver habilidades sociais.
- Mellorar as habilidades das persoas para captar os sinais sociais imprescindibles para as relacións humanas.
- Ser relaxante.
Os cans de intervencións asistidas non han de ser dunha raza concreta, pero si han de cumprir os criterios para poder realizar intervencións: debemos meditar moi ben o traballo que han de realizar estes cans para poder elixir ao adecuado.
Beneficios das Intervencións Asistidas con Cans
A intervención dun can ten beneficios emocionais e os beneficios sociais , por iso se utilízan en contextos diferentes onde o seu apoio pode favorecer a comunicación, a aprendizaxe, a convivencia e outras capacidades e habilidades que iremos vendo en futuros post . Pero de que beneficios falamos?
Beneficios emocionais
- Mellora a expresión de emocións verbais e non verbais
- Aumento da implicación , motivación e iniciativa
- Incentiva a empatía
- Favorece as demostracións de afecto
- Mellora a autoestima e conecta ao individuo co colectivo
- Diminúe a ansiedade
- Mellora o estado de ánimo
Beneficios sociais
- Os animais actúan como catalizador social
- Facilitan a integración na comunidade
- Melloran as relacións sociais
Os cans de IAA non levan peto que lles identifica e traballan sempre baixo a guía do seu compañeiro/a terapeuta. Non teñen a consideración en España de cans de asistencia .
Lembrade a importancia de acreditar sempre a profesionalidade do equipo de intervencións asistidas, pois diso depende o éxito da intervención. E, por suposto
Ser Felices