“i está castigado o cadeliño? “
Esta fin de semana fomos de competición e, como sempre, viaxa toda a familia en vehículo de catro rodas ; dous humanos e cinco cans. Os cans viaxan nos seus transportines por seguridade, por comodidade para eles e porque son os seus lugares seguros (como xa comentamos en moitas ocasións). Cada quen ten o seu espazo para poder .convivir en armonía e así compartimos espazos os 7.
O espazo de Ayax
Ayax , que é un can lobo checoslovaco duns 40 quilos, ten o seu espazo e , estando xa instalados, ten a porta do “garaxe” aberta cun estor térmico opaco para que nada nin ninguén lle moleste e aí durme a “pata solta”.
Pero como o dos espazos e un tema de controversia ,un paisano que pasaba, ao ver a Ayax no transportin preguntou
“i está castigado o cadeliño? “
Pregunta ou semiafirmación que seguen a facer moitas persoas que deben considerar estar nas súas casas como un castigo..
Vou a meterme de cheo na lea…
- Os cans que saen 10 minutos a facer pis pola mañá, con sorte 15 minutos ao mediodía e unha hora de paseo pola noite ( se é posible para os seus donos) : son máis felices? ou somos máis felices nós no noso pensamento de que non viven pechados? Só teñen unha gaiola un pouco máis grande
- Un can que vive nunha leira é máis feliz? ou somos máis felices nós co pensamento de que está libre? . Nalgúns casos non sae a pasear nunca ou case nunca, pasa moito tempo só, e adícase a ladrarlle aos coches ou ás persoas que pasan por cercar do seu pechado….Só ten unha gaiola bastante máis grande.
- Os cans que non saen (porque se mollan, porque teñen frío, porque se manchan,…. son máis felices ou somos máis felices nós co pensamento de que están xenial en casa porque están a caloriña ou ao aire acondicionado e non lles falta nada? A súa gaiola é diferente
- Os cans que pasean en carritos ( carriños do estilo de bebé) para que non se manchen, para que non se cansen ( sin estar enfermos), para que os seus dueñ@s non teñan que agacharse … son máis felices? ou somos máis felices nós no noso pensamento de que non lle falta nada? Só ten unha gaiola cunha forma diferente
Vidas de cans
Tod@s as persoas que queremos aos nosos cans facemos o que cremos que é mellor para eles dentro das nosas posibilidades, coñecementos e crenzas.
Os nosos cans, pasan tempo en transportin, pasan tempo no canil, pasan tempo en casa, pasan tempo no sofá, pasan tempo paseando ( por correa e libres en función de por onde paseemos), pasan tempo traballando…E cando están a descansar están onde eles poden desconectar, relaxarse e durmir sen presión exterior. Pensar que un transportin é un castigo é como pensar que pechar a porta da habitación para durmir tamén o é.
Lembrade que estamos a falar dun bo uso dos espazos.
Vou resistir a tentación de meterme nunha lea máis grande e comentar sobre as gaiolas mentais, de ouro ou de láton …. Porque como di a canción
“Aínda que a gaiola sexa de ouro, non deixa de ser prisión”
Lembrade sempre
Ser Felices
A culpa non é do can