Hoxe falaremos das competicións de agility, algo que non podo evitar pois dous dos nosos equipos acaban de proclamarse campións galegos ( Javi e Socio da categoría 40 e Menchu e Fada na categoría de Paragility) e o equipo formado por Sonia e Nara foron bronce da categoría 20 ; os tres conseguimos o pase directo ao Campionato de España de Agility.
Porqué competimos?
Pois porque , do mesmo xeito que en calquera outro deporte, a competición sérveche para contrastar resultados, para mellorar a resiliencia, competimos felices ( guías e cans) porque o deporte segue sendo un xogo e a parte humana do equipo gozamos da competencia ( a nosa outra metade paréceme que lle dá o mesmo…), gozamos da “viaxe” que supón a competición, independentemente do destino final .
Aínda que, evidentemente , e tamén só para a parte humana do equipo, cando fas unha pista sen fallos , rápida e ademais ganas a competición o subidón é parte tamén da nosa humanidade.
Que nos achegan as competicións de agility?
Gozar coas amizades (humanas e caninas), compartir experiencias e aprendizaxe, convivir con cheas de equipos diferentes, coñecer lugares e persoas, aprender a que é moi complicado que as cousas saian perfectas (en agility ata os mellores de mundo perden), a traballar en equipo e a respectar e coidar as necesidades da outra metade do equipo que é o noso can .
Aquí os dous temos que ser un…non hai outra forma de que as cousas saian .
Obrigamos aos cans para saltar/competir?
Un can que traballa , que pensa, que xoga , que utiliza a súa mente e o seu corpo, que se cansa, é un can feliz. Para o can de agility facer agility é un xogo , unha diversión, é gozar do seu guía e co seu guía ao 300% .
Somos un equipo e gozámolo xuntos.
Os nosos cans queren competir?
Pois o que si sabemos é cando non queren facelo , e non é que non queiran ou non lles guste a competición ,senón que é cando a competición deixa (por circunstancias moi diversas ) de ser un xogo:
- ambiente diferente,
- ruídos e presión que non teñen no adestramento,
- o guía non sabe regular a súa tensión ou a súa frustración en competición e trasládao ( en forma de nerviosismo, inquietude , ansiedade…) .
O temperamento do can, a súa socialización, o adestramento basee, a temperanza do guía , a emoción polo xogo.. todo son condicionantes .
O que tamén temos moi claro é o goce dos nosos compañeiros no xogo e na competición cando a diversión está asegurada e iso é sempre responsabilidade do guía.
Facer agility cos nosos cans é unha forma de vida. Como equipo dedicámonos tempo, traballamos un ratito (pequeno pero de forma constante) case todos os días da semana, xogamos para construír vínculo, dannos moita oxiticina e nós dámoslles o mellor de nós mesmo , non pode ser doutra forma se queremos ser un EQUIPO .
E ese sentir de equipo é para toda a vida, desde que veñen de cachorros ata que se nos van, con sorte despois de gozar de cada segundo da nosa vida xuntos . Lembrade sempre
Ser Felices