Gustaríame que todo o mundo tivese claro que estas profesións requiren de formación específica ( no caso de veterinarios ,os e as etólogos son veterinarios con formación universitaria) e agora mesmo están en proceso de certificación tres profesións, cuxo recoñecemento profesional estaba nun limbo, como son a educación canina, a instrución de cans de asistencia para persoas con discapacidade e a instrución de cans en operacións de seguridade e protección civil . Para obter esta certificación é imprescindible poder acreditar os requisitos que se requiren para iso ( horas de formación / horas de experiencia dependendo do nivel do certificado) .
Veterinario/a con as súas distintas especialidades.
Imos destacar unha especialidade que se venden coma se obtivésese cun curso baratito e sen formación previa :
Etología (veterinario especialista en comportamento animal) Podemos dicir que é a rama que aúna a psicoloxía e a psiquiatría humana pero para os nosos bichiños.
Non hai outro xeito de ser “psicologo” canino
Educador/a canina
Profesional especializado na educación canina. A Lei de Benestar Animal no seu capítulo II artigo 10 define:
Profesionais de Comportamento Animal: calquera persoa que exerza actividade profesional dirixida á educación, adestramento, modificación de conduta ou similares dos animais incluídos no ámbito de aplicación desta lei, as persoas tituladas en veterinaria con formación acreditadas en comportamento animal, as persoas con Licenciatura ou Grao universitario con formación complementaria en Etología e aquelas persoas que posúan como mínimo o Certificado de Profesionalidade de Adestramento de base e educación canina (SEAD0412), que acredita á cualificación profesional SEXA531_2 adestramento de base e educación canina, recollida no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, nas súas correspondentes categorías sen prexuízo doutras que puidesen desenvolverse regulamentariamente.
380 Horas de formación ou 3 años de experiencia / 2.000 horas traballadas nos últimos 15 anos.
Instrutores/adestradores de cans de asistencia
Cualificación profesional nivel 3 Instrución de cans de asistencia. Familia Profesional: Servizos Socioculturais e á Comunidade. Nivel: 3. Código: SSC610_3 840 HORAS. Esta certificación inclúe :
- Cans de asistencia para persoas con mobilidade reducida
- Cans guía para persoas con cegueira
- Cans sinal para persoas con discapacidade auditiva
- Cans para persoas con trastorno de espectro autista
- Cans de alerta médica
Instrutores/adestradores de cans en operacións de de seguridade e protección civil
cualificación profesional nivel 3 SEXA537_3 – Instrución canina en operacións de seguridade e protección civil 670 HORAS . Nesta certificación inclúense
- Cans en operacións de detección, procura, salvamento e rescate de vítimas. ,
- Cans en operacións de procura e detección de substancias olorosas.
- Cans para defensa e vixilancia
Instrutores/adestradores de equipos deportivos guía/can
Non está regulado nin ten , demomento, certificado nin requisitos establecidos, pero o sentido común dinos que como mínimo debería ter a cualificación de educador canino ( para ser profesional e coñecedor do manexo da parte canina do equipo) e ser expertos no deporte en cuestión.
Por exemplo a Real Sociedade Canina Española esixe que o monitor deportivo de agility sexa un competidor de Grao II.
Queridas e Queridos : NON HAI ATALLOS.
Se alguén está interesado en ser un profesional do mundo canino debe preocuparse de adquirir a formación nun centro acreditado ( síntoo, de momento hai poucos ), formándose a horas necesarias ( e non son 100) ou acreditando a experiencia estando dado de alta no epígrafe correspondente e pasando todo o proceso de acreditación.
Ninguén é “especialista en psicoloxía canina” cun curso de 75 horas; ninguén é educador/a cairo cun curso a distancia onde “comodamente e desde a túa casa” cun computador podes estudar ( mesmo sen ver un can na túa vida) . E un auxiliar de veterinaria é iso …. un auxiliar de clínica veterinaria onde posiblemente as túas funcións sexan contestar o teléfono, levar unha axenda , limpar espazos e, se tes sorte e es bo@ axudar ao / á veterinaria na atención aos bichiños…
Ollo coa publicidade engañosa !!!!
Cando falemos do custo de educar/formar/adestrar/ensinar/traballar cun can tede en conta, cando busquedes o centro ou os profesionais , todo o que precisades para garantir que estades en man de quen debedes estar, pola saúde e o bienestar de ambos.
Transparencia na información, facturas e seguro de responsabilidade civil poden darnos algunhas pistas.
E lembrade sempre
Ser Felices