Aínda que a “cultura da inmediatez” está máis relacionada co mundo dixital (basicamente pola rápidez na obtención de respostas e resultados de xeito inmediato) podemos aplicalo á vida en xeral na sociedade actual e ao mundo canino en particular .
No mundo humano….
Falaba hoxe co meu educador físico sobre o desexo de inmediatez que temos as persoas. No seu caso as persoas queremos alcadar a forma física rapidamente , por iso queremos adestramentos longos na nosa crenza de que, se lle dedicamos moito tempo ao día, un par de días xa alcanzaremos o obxectivo. Él tenta que os seus clientes entendamos que é a intensidade ,acompañada da constancia ,o que fai alcadar os obxectivos.
Un traballo a maiores :ten que apoiarnos,ademais de no adestramento físico, na xestión de expectativas.
No mundo HumanoCanino
Os que traballamos cos nosos cans entendémolo perfectamente. Non serve de nada machucar ao teu can todo o día coa orde de quieto, senta ou ven. E moito menos acompañando a isto do seu nome todo o intre( ¿ sodes conscientes das veces que chamamos aos nosos cans?) . Das expectativas xa temos falado noutros post…
As palabras, no caso do can (e probablemente tamén no caso das persoas), perden valor e baléiranse de contido cando as usamos sen control.
É esa intensidade (un anaquiño cada día) e a constancia ( varios días á semana) durante as 52 semanas do ano e durante practicamente toda a vida do can , o que nos vai a (semi) garantir ( en comportamento nunca nada se pode garantir ao 100% debido a que inflúen moitas variables externas que non podemos controlar) o éxito.
E en cada momento cada persoa ten unha definición de éxito diferente, que vai variando en función do tempo e dos logros.
Os RETOS son unha ferramenta de aprendizaxe xenial para crecer como equipo e motivarnos a seguir.
A fórmula (intensidade+constancia) fará que o noso vínculo como equipo sexa cada vez máis forte, co que a nosa relación crecerá e iso terá un efecto multiplicador sobre esa suma de (intensidade + constancia).
Aí vai un RETO para o teu equipo HumanoCanino :
- – Define un OBXECTIVO ( asumible).
- – Establece prioridades + Planifica +Paciencia + Atención +Ten a capacidade de espera
- – Aplica a fórmula (intensidade + constancia) x vínculo
E xa me contarás….
Adestra o voso cerebro e o voso corpo. Se somos capaces de facelo como equipo ¡¡seremos a caña!!!!
PDTA : se necesitas apoio en Lobos de Naraío encántannos os retos
Lembrade sempre…… Ser Felices
A culpa non é do can